SUSPENSIÓN DE TODAS AS PROXECCIÓNS PREVISTAS ATA NOVO AVISO.

20 Marzo 2020
20:00
22:30
Título orixinal: 
La hija de un ladrón
Sesión: 
Nº311
Lugar: 
Auditorio Municipal Manuel María
Idioma: 
Español
Duración: 
102 minutos
Ano: 
2019
Comparte: PDF

Sinopse

Debido aos acontecementos relacionados co coronavirus polos que está pasando a sociedade, e aínda que a recomendación actual é que en espazos para eventos de menos de 500 persoas unicamente se reduza a asistencia a un terzo da capacidade, dende o equipo do Cineclube Carballiño decidimos SUSPENDER TODAS AS PROXECCIÓNS PREVISTAS ATA NOVO AVISO.

 

 

 

Agardamos volver pronto á actividade habitual.

 

Saúdos cordiais.

 

 

Sara leva soa toda a vida. Ten 22 anos e un bebé; o seu desexo: formar unha familia normal xunto ao seu irmán pequeno  e ao pai do seu fillo.

O seu pai, Manuel, tras anos de ausencia e ao saír do cárcere, decide reaparecer nas súas vidas. Sara sabe que el é o principal obstáculo nos seus plans e toma unha decisión difícil: afastalo dela e da súa familia.

Ficha técnica

Director: 
Produción: 

Imaxes

Tráilers e Vídeos

Premios

    • Festival de San Sebastián 2019: Mellor Actriz (Greta Fernández)
    • Premios Goya 2020: Mellor DirecciónNovel (Belén Funes)

Críticas

  •  “Cres os personaxes, incluído o seu entorno. E celebras que haxa un cine que ofreza voz aos máis débiles e machacados.” (Carlos Boyero, El País)

     “A ópera prima do ano. A directora constrúe unha película que se fai grande tanto no que ensina coma no que oculta (…) unha desas cintas que respiran tanto na pantalla coma no recordo.” (Luís Martínez, El Mundo)

    “Admirable interpretación de Greta Fernández (…) Bebe do mellor cine social europeo para construír un drama austero que non xoga coa sordidez porque non o necesita.” (Elsa Fernández-Santos, El País)

Próximas Películas