SUSPENSIÓN DE TODAS AS PROXECCIÓNS PREVISTAS ATA NOVO AVISO.

27 Marzo 2020
20:00
22:30
Título orixinal: 
Portrait de la jeune fille en feu
Sesión: 
Nº312
Lugar: 
Auditorio Municipal Manuel María
Idioma: 
Español
Duración: 
120 minutos
Ano: 
2019
País: 
Francia
Comparte: PDF

Sinopse

Debido aos acontecementos relacionados co coronavirus polos que está pasando a sociedade, e aínda que a recomendación actual é que en espazos para eventos de menos de 500 persoas unicamente se reduza a asistencia a un terzo da capacidade, dende o equipo do Cineclube Carballiño decidimos SUSPENDER TODAS AS PROXECCIÓNS PREVISTAS ATA NOVO AVISO.

 

 

 

Agardamos volver pronto á actividade habitual.

 

Saúdos cordiais.

 

Francia, 1770. Marianne, unha pintora, recebe un encargo que consiste en realizar o retrato de vodas de Héloïse, unha rapaza que ven de deixar o convento e que ten serias dúbidas respecto ao seu próximo matrimonio.

Marianne ten que retratala sen o seu coñecemento, polo que se dedica a investigala a diario.

Ficha técnica

Director: 
Montaxe: 

Imaxes

Tráilers e Vídeos

Premios

    • Festival de Cannes 2019: Mellor Guión
    • Premios do Cine europeo 12019: Mellor Guión
    • Círculo de Críticos de Nova Iork 2019: Mellor Fotografía

Críticas

  •  “Veraz e fiel descrición da paixón. Toda a película vívese coma o espectáculo incerto do desmantelamento dunha bomba” (Luís Martínez, El Mundo)

     “Unha das máis fermosas historias de amor dio cine recente (…) A película é pura fibra sensible, semella demasiado delicada para ser certa, e brilla cada vez que Haenel e Merlant, excelentes, míranse aos ollos.” (Sergi Sánchez, La Razón)

    “Comparable a unha versión de Call me by your name ambientada no século XVII (…) fai gala dunha asombrosa delicadeza avivando sentimentos con miradas e silencios, e reitera a súa habilidade para comunicar sensualidade a través das imaxes.” (Nando Salvá, El Periódico)

Próximas Películas