Las hijas del Califato
Sinopse
Impulsada pola promesa dunha nova vida, Jessica, unha rapaza francesa, viaxa a Siria para unirse ao Daesh. Na cidade de Raga é acollida nunha casa onde mulleres de todo o mundo agardan converterse nas esposas dos combatentes.
Jessica gaña a confianza de Madame, a carismática e temida directora do centro, quen exerce unha fascinante e perigosa influencia sobre ela. Esta relación, marcada pola submisión e o control, empurran a Jessica máis alá dos seus propios límites, enfrontándose a unha realidade cada vez máis escura.
Ficha técnica
Reparto
Tráilers e Vídeos
Críticas
“Unha opera prima contundente, durísima, demoledora e unha historia terrible, repetida centos, miles de veces. E que moi probablemente o continúe sendo hoxe. O mellor, Northam e Azabal. (Carmen L.Lobo, La Razón)
“A mirada da película sobre a súa protagonista sérvelle a directora para trazar unha traxectoria moi funcional e ao servizo da intriga.” (Paula Arantzazu Ruíz, Cinemanía)
“Cunha formidable Megan Northam como protagonista, a directora firma unha opera prima contundente e clarividente sobre as zonas de sombra da radicalización.” (Fabien Lemercier, Cineuropa)