El último vikingo

Sinopse
Ancker sae de prisión tras cumprir unha cadea de quince anos por roubo. O diñeiro do atraco foi soterrado polo seu irmán Manfred. Solo el sabe onde está.Por desgraza, dende entón Manfred desenvolveu un trastorno mental que lle fixo esquecer todo. Xuntos, os irmáns emprenden unha viaxe inesperada para atopar o diñeiro e descubrir quen son en realidade.
Ficha técnica
Reparto
Tráilers e Vídeos
Críticas
“Coa súa tola mestura de xéneros (...) é unha película tan rara coma os seus personaxes. Tamén é igual de triste e tenra(...) consegue contar dende o seu lado máis grotesco un inesperado e emotivo relato fraternal.”(Elsa Fernández-Santos, El País)
“Un exercicio de cine tan exasperante e, por momentos, insufrible, como, e isto é o que importa, libre, sen prexuízos, sanguento e, ao final, tan desesperado que se diría místico.”(Luis Martínez, El Mundo)
“Toda esa lixeireza negra (...) que se solapa co frío e cálido debuxo emocional das dependencias fraternais. Deixan nesta película tanto entretemento coma material humano conmovedor.”(Oti Rodríguez Marchante,ABC)


