El despertar de las hormigas

11 Outubro 2019
20:00
22:30
Sesión: 
Nº295
Lugar: 
Auditorio Municipal Manuel María
Duración: 
94 minutos
Ano: 
2019
País: 
Costa Rica
Comparte: PDF

Sinopse

Isa é modista e vive coa súa familia nun pequeno pobo de Costa Rica. O seu marido Alcides desexa que teñan un terceiro fillo, un varón. Pero ela non quere outro embarazo. Quere enfocarse no traballo e xa ten máis que dabondo na súa vida con dúas fillas.

Ata o de agora nunca cuestionara o seu rol dentro da familia. Porén, cando se decata de que Alcides semella non estar escoitando e persiste no desexo do terceiro fillo, dáse conta de que algo debe cambiar.

Ficha técnica

Produción: 

Imaxes

Tráilers e Vídeos

Elexida como a candidata para representar a Costa Rica nos premios Óscar da Academia de Hollywood na 34 edición dos Premios Goya.. 

Críticas

  •  “É a naturalidade coa que a película presenta a vista interior da súa protagonista o mellor desta cinta (…) convence pola súa delicadeza e frescura.” (Andrea G. Bermejo, Cinemanía)

     “Transpórtanos a un estado de ánimo tenso, a punto de estallar, aínda que todo no filme é tan natural como as espontáneas interpretacións.” (Quim Casas, El Periódico)

    “Cunha linguaxe sensorial ao servizo do apunte sutil (…) os seus modos revelan unha cineasta cunha mirada e unha actriz cun poder de converter cada xesto en poderosa forma de resistencia.” (Jordi Costa, El País)

  • "El Despertar de las Hormigas é un gozoso exemplo do cine iberoamericano e da necesidade de contar historias que miren cara dentro"
    RAUL  ALDÁ - DÍAS DE CINE

    "Emocionalmente intelixente (...) é un deses contos que sempre paga a pena rememorar"
    THE HOLLYWOOD REPORTER
     
    "El despertar de las hormigas planta o xermen dunha revolución"
    JOSU EGUREN EL CORREO

    “A mirada de Sudasassi é cálida e captura momentos de gran humanidade mentres desentraña o evidente desequilibrio de poder entre homes e mulleres a través do retrato da parella"
    CINE MALDITO

Próximas Películas