On falling

Sinopse
Aurora é unha muller portuguesa inmigrante que traballa nun gran almacén de Escocia. Atrapada entre os muros do seu centro de traballo e a soidade do seu piso compartido, trata de resistir ao illamento, á alienación e á charla trivial que comezan a ameazar a consciencia de si mesma, nun entorno dominado por unha economía baseada en algoritmos e deseñada para manternos separados
Reparto
Tráilers e Vídeos
Premios
FestivaldeSanSebastián2024:ConchadePlataáMellorDirección BFILondonFilmFest20242:MellorOperaPrima
Críticas
“Gran cine social para o século XXI (…) Sen se deleitar na dor da súa personaxe, respectando sempre o seu punto de vista, a directora expón con elegancia e nula sordidez a durísima realidade dunha obreira no século XXI.” (Elsa Fernández-Santos, El País) “Laura Carreira debuta cun exercicio despiadado e tenro á vez, de cine cru e nu, unha cinta clara, fría (…) e sobre todo, inesquecible.” (Luis Martínez, El Mundo) “Espléndido debut de Laura Carreira. Unha das virtudes da película é que nunca castiga a Aurora (…) é desas películas que abrazan e consolan, sen que medien bágoas no xesto.” (Sergi Sánchez, La Razón)

