Filmoteca dos domingos. Ciclo David Lynch

1 Marzo 2026
19:00
19:00
Prezo: 
3 euros
Todos os públicos
Comparte: PDF

Sinopse

Falecido fai pouco máis dun ano (o 15 de xaneiro de 2025), David Lynch é sen dúbida un dos grandes directores dos últimos 50 anos. Dende o seu debut con Eraserhead no ano 1977, a súa carreira está chea de grandes filmes, unha boa morea de curtametraxes e varias series de TV, onde destaca sen dúbida a mítica Twin peaks dos anos 90. Nomeado en tres ocasións aos premios Oscar como mellor director (que nunca acadou) as súas películas foron creando pouco a pouco un estilo claramente definido e conseguindo a ceptación dun público cada vez máis maioritario, así como o aplauso de unha grande parte da crítica. Dende o Cine Club Carballiño decidimos facerlle a nosa pequena homenaxe en colaboración coa programación da Filmoteca de Galicia, escollendo tres das súas obras máis aclamadas (e tamén as nosas favoritas dentro da súa filmografía). As tres consideradas por moitos como tres obras mestras. Empezaremos con Terciopelo azul, do ano 1986, que lle valeu a súa primeira nominación como mellor director nos Premios Oscar. Unha película onde Lynch emprega xa os seus habituais recursos e historias de cine negro impregnadas de intriga e misterio que caracterizarán unha boa parte da súa obra. O segundo filme escollido foi o grande éxito de Lynch, cunha historia que se escapa do seu universo habitual para convertirse nunha das películas máis fermosas e emotivas dos anos 90, con esceas que xa están por mérito propio na historia do cinema. Una historia verdadera é unha delicia, como dixo Boyero, "un regalo impagable a los espectadores y a la historia del cine". E pecharemos este ciclo con unha película de comezos do século XXI, Mulholland drive, coa que gañou a Palma de Ouro á mellor dirección no festival de Cannes de 2001, e onde volve aos esquemas xa clásicos do seu cinema, cunha historia enigmática e perturbadora. As datas de proxección serán os domingos  1 e 22 de marzo e o domingo 12 de abril, sempre ás 19:00 horas no auditorio Manuel María do Carballiño. O prezo das entradas é de 3 euros

Ficha técnica

Reparto

Tráilers e Vídeos

Próximas Películas

Programación xaneiro-febreiro

27 Febreiro 2026 20:00

Jone, a veces

27 Febreiro 2026 20:00 22:30