La copia perfecta

Sinopse
París, na posguerra. Jan Bojarski, un refuxiado polaco, é coñecido no submundo coma o “Cézanne da falsificación”. Durante 15 anos mantivo unha dobre vida impecable: mentres a súa familia fai vida normal na casa, el fabrica nun alpendre billetes dunha precisión tal que logran burlar os controis do banco de Francia. Esa mestría convérteo na obsesión do comisario Mattei, iniciando unha cazaría humana que, para ambos, deixará de ser unha cuestión de lei para converterse nun duelo persoal.
Ficha técnica
Reparto
Tráilers e Vídeos
Premios
Festival Internaciona lde Barcelona 2026:Mellor Actor(Reda Kateb)
Críticas
“O director no deixa de devolvernos á irrepetible era dourada do cine francés, e esa cruzada persoal arroxa resultados bastante notables coma este biopic de Jan Bojarski .” (Philipp Engel, La Vanguardia)
“Moi preto do abismo da autorreferencialidade (…) O director, pulcro, recrea o suspense nunha coidada ambientación.” (Carlos Marañón, Cinemanía)
“Salomé dirixe con precisión artesanal (…) unha pequena peza de ourivería fina. Unha lembranza de que, ás veces, a diferenza entre unha gran obra e unha falsificación depende unicamente de quen a firma.” (Blai Morell, Fotogramas)

