La memoria infinita
Sinopse
Augusto e Paulina levan 25 anos xuntos e namorados. Fai oito anos, a el diagnosticáronlle Alzheimer e dende entón a súa esposa converteuse na súa coidadora. Coma un dos comentaristas e presentadores de tv máis destacados de Chile, Augusto non é alleo á construción dun arquivo de memoria. Agora converte ese traballo na súa propia vida, tratando de aferrarse á súa identidade.
Ficha técnica
Reparto
Tráilers e Vídeos
Premios
- Premios Goya 2024: Mellor Película iberoamericana
- Festival de Sundance 2023: Premio do Xurado–Documental
- Premios Forqué 2023: Mellor Película Iberoamericana
Críticas
É unha fermosa historia de amor e coidados, unha dura viaxe cargada de luminosidade, agarimo e optimismo. Pero tamén un alegato para que non se perda a memoria dun pobo.” (Fernando Bernal, Cinemanía)
“Vese con agrado e congoxa, con ánimo e desánimo, co pracer de estar ante un amor desprovisto por completo de egoísmos, que amosa a cara interior e sombría desta enfermidade.” (Oti Rodríguez Marchante, ABC)
“Un bonito canto ao amor dun sobrecolledor documental (...) acaba sendo tres cousas preciosas e desgarradoras: unha película sobre oamor, (...) unha testemuña sobre o alzheimer (...) e un estudo sobre a memoria colectiva.” (Javier Ocaña, El País)