O Cinematomago

31 Marzo 2019
18:00
Ano: 
2019
Comparte: PDF

Sinopse

Como parte da celebración dos 50 anos do Cineclube Carballiño, decidimos traer este espectáculo a O Carballiño.

Sobre o espectáculo:

Un cinematógrafo é un aparato que permite proxectar imaxes creando unha sensación de movemento, e un mago e unha persoa que ten a capacidade de conseguir cousas extraordinarias cos seus poderes sobrenaturais. O cinematomago é esa personaxe que converte esas imaxes en movemento en maxia.

Tod@s escoitamos falar nalgunha ocasión da “maxia do cine”. Pois nesta ocasión a través do seu cinematomago, O mago Paco fará desta frase unha realidade presentándonos distintos clásicos do cine de todos os tempos a través da maxia. Convertindo esas míticas esceas nun espectáculo máxico en directo e coa colaboración imprescindible do seu público.

Emoción, lembranzas, gargalladas e moita ilusión nos agardan neste novo espectáculo do noso mago infantil favorito.

¿Preparad@s para vivir a maxia do cine en directo?

3,2,1… MAXIA E ACCIÓN.

 

Público: a partir de 3 anos

Ficha técnica

Reparto

Tráilers e Vídeos

Próximas Películas

Farenheit 11/9

26 Abril 2019 20:00 22:30 VOS

Cafarnaum

3 Maio 2019 20:00 22:30 VOS

Un asunto de familia

17 Maio 2019 20:00 22:30 VOS

21 gramos

19 Maio 2019 19:00

Border

24 Maio 2019 20:00 22:30

Galveston

31 Maio 2019 20:00 VOS 22:30 VOS