Queer

Sinopse
1950. William Lee, un expatriado estadounidense de 50 anos en Cidade de México, pasa os días case só, salvo algúns esporádicos contactos con outros membros da pequena comunidade estadounidense.
O seu encontro con Eugene Allerton, un estudante recén chegado á cidade, que lle amosa por primeira vez que finalmente podería ser posible establecer unha conexión íntima con alguén.
Ficha técnica
Reparto
Tráilers e Vídeos
Críticas
“Un formidable Daniel Craig evoca as luces e as sombras de William Burroughs (...) A película recrea por medio dunha fabulosa escenografía os anos latinoamericanos dun dos grandes profetas da contracultura.” (Elsa Fernández-Santos, El País)
“Guadagnino agonía, subxuga e ispe todos os mitos sexuais no corpo de Daniel Craig (...) Unha fascinante, magnética e provocadoramente abstracta reflexión sobre sexualidade e a liberdade.” (Luis Martínez, El Mundo)“O directora acertou adecuando a posta en escena ao espírito da novela: o filme está visualmente escrito coa gramática dos pesadelos alucinóxenos (...) alcanza a súa cúspide hiperbólica no epílogo.” (Jordi Batlle Caminal, La Vanguardia)