Álex de la Iglesia

Descrición

Licenciado en Filosofía pola Universidade de Deusto, comeza como debuxante de historietas en varias revistas e fanzines. O seu debut no medio cinematográfico foi coma director artístico na curtametraxe Mamá (1988), de Pablo Berger e posteriormente na película Todo por la pasta (1991), de Enrique Urbizu.

A súa curtametraxe Mirindas asesinas (1991) atraeu a atención de Pedro Almodóvar, e a súa produtora El Deseo financiou o súa ópera prima Acción mutante (1993). Sería a súa segunda longametraxe, El Día de la Bestia (1995), a que o catapultou a fama, obtendo incluso 6 Premios Goya.

Perdita Durango (1997), Muertos de risa (1999), La comunidad (2000), Los crímenes de Oxford (2008) ou máis recentemente, El bar (2017), son outras das súas coñecidas obras.

Tamén foi presidente da Academia de Cine entre 2009 e 2011.

Películas