Álex de la Iglesia

Descrición

 O director, Álex de la Iglesia (1965, Bilbao, País Vasco, España)

 

Licenciado en Filosofía pola Universidade de Deusto, comeza como debuxante de historietas en 
varias revistas e fanzines. O seu debut no medio cinematográfico foi coma director artístico na 
curtametraxe Mamá (1988), de Pablo Berger e posteriormente na película Todo por la pasta (1991), de 
Enrique Urbizu. 
A súa curtametraxe Mirindas asesinas (1991) atraeu a atención de Pedro Almodóvar, e a súa 
produtora El Deseo financiou o súa ópera prima Acción mutante (1993). Sería a súa segunda 
longametraxe, El Día de la Bestia (1995), a que o catapultou a fama, obtendo incluso 6 Premios Goya.
Perdita Durango (1997), Muertos de risa (1999), La comunidad (2000), Los crímenes de Oxford (2008) 
ou máis recentemente, El bar (2017), son outras das súas coñecidas obras.
Tamén foi presidente da Academia de Cine entre 2009 e 2011.

Películas