Antonella Sudasassi

Descrición

A directora, Antonella Sudasassi (1986, San José, Costa Rica)

Autora e directora con experiencia en comunicación, utiliza a súa formación multicultural para crear poderosas historias internacionais. Licenciada en Produción Audiovisual pola Universidade de Costa Rica, dirixe varias curtametraxes, entre elas El despertar de las hormigas: la niñez (2016), que explora a sexualidade feminina na infancia. Con ela participa en numerosos festivais, e servirá como base para o seu debut no mundo das longametraxes, El despertar de las hormigas (2019), que tamén explora a sexualidade feminina, neste caso na xuventude. Ambas producións forman parte dun proxecto transmedia, que se completará con outra película que explorará a sexualidade feminina na adultez.

Películas