Asghar Farhadi

Descrición

Asghar Farhadi (1972, Isfahan, Irán)
Asghar Farhadi é graduado en Teatro, cun BA en Artes Dramáticas e un Máster en Dirección na Universidade de Teherán e a Universidade Tarbiat Modarres. Farhadi fixo curtas de 8 y 16 milímetros na filial da Sociedade Irana de Novos Cineastas en Isfahan, antes de realizar obras e guións para IRIB (a corporación Islamic Republic of Iran Broadcasting). Tamén dirixiu series de televisión como A Tale of a City e co-escribiu o guión de Low Heights (dirixida por Ebrahim Hatamikia).
Dancing in the Dust (2003) foi o seu debut coma cineasta. Posteriormente fixo A Beautiful City (2004), coa que se deu a coñecer internacionalmente. O seu terceiro film, Fireworks Wednesday (2006) gañou o premio Hugo de Oro no Festival Internacional de Cine de Chicago. Con About Elly (2009), gañou o Oso de Plata ao Mellor Director en Berlín.
Sería con Nader e Simin (2011) coa que obtería máis recoñecemento, coma o Oscar e o Globo de Ouro á Mellor Película de Fala non Inglesa e o Oso de Ouro en Berlín. El pasado (2013) foi a súa anterior película.

Películas