Benedikt Erlingsson

Descrición
O director, Benedikt Erlingsson (1969, Islandia)
É unha das figuras máis destacadas do teatro en Islandia, recibindo varios premios Grima, os premios do teatro islandés, polo seu traballo como autor, director e actor. Tamén é moi coñecido no seu pais por participar na serie televisiva Fostbraedur (Blood Brothers) (1997-1999), que obtivo numerosos Edda, os premios islandeses de cine e TV. Tamén actuou en varias películas coma The Boss of It All (2006), de Lars von Trier.
A partir de 2007 comeza a escribir guións e dirixir, primeiro varias curtametraxes, e despois dando o salto á gran pantalla con De caballos y hombres (2013). Tras o documental sobre os circos de antano, The Show of Shows (2015), dirixe esta que é a súa segunda película, tamén sobre un guión propio, La mujer de la montaña.