Calin Peter Netzer

Descrición
O director, Calin Peter Netzer (1975, Petrosani, Romanía)
Graduado en Dirección de Cine pola Universidade Nacional de Teatro e Cine de Bucarest, comezou dirixindo curtametraxes polas que obtivo múltiples premios.
Debuta nas longametraxes con Maria (2003) coa que acadou, entre outros os grandes premios no Festival de Locarno: Premio do Xurado, Mellor Actor e Actriz. O seu segundo filme, Medalla de honor (2009) tamén obtivo varios premios a nivel internacional. O seu gran éxito foi a súa seguinte película Madre e hijo (2013) que foi galardoada co Oso de Ouro do Festival Internacional de Berlín.
Calin Peter Netzer é un dos membros da chamada Nova Onda do cine romanés, xunto con Cristi Puiu, Radu Muntean ou Cristian Mungiu, que fixan a súa mirada na Romanía actual, profondizando nas formas nas que a transición do socialismo ao libre mercado e a democracia deron forma á sociedade romana despois de 1989. Esteticamente, están unidos por un estilo austero, realista e a miúdo minimalista.