Carla Simón

Descrición
(1986, Barcelona, España)
Graduada en Comunicación Audiovisual pola Universidade Autónoma de Barcelona en 2009, cursa un Máster en TV de Calidade e Innovación organizado pola Televisió de Catalunya en 2010 e posteriormente o Master of Arts na London Film School. Precisamente en Londres dirixe o documental Born Positive (2012) e a curtametraxe de ficción Lipstick (2013).
Las pequeñas cosas (2015) sería a súa curtametraxe de graduación antes de afrontar o seu debut no mundo das longametraxes con Estiu 1993, da que tamén é autora do guión, e que está baseada na súa propia vida, contando o seu proceso de adaptación á súa nova familia de adopción tras a morte da súa nai, vítima do SIDA.