Catherine Corsini
Descrición
(1956, Dreux, Eure-et-Loire,Francia) Interesada dende nena polo mundo do cine, elixe finalmente o camiño de directora, seguindo o curso na facultade de Censier (campus de La Sorbona, París).
Tras tres curtametraxes, en 1987 filma a súa primeira longametraxe, Poker. Despois dun par de capítulos para series de televisión, volve á gran pantallas con Les amoreux (1994). Retorna á TV para dirixir dúas TV movies, e en 1999 dirixe a súa terceira película La nueva Eva, á que segue La répétition (2001), coa que participa no Festival de Cannes. En 2004 forma parte do xurado na sección de curtametraxes do propio festival.
Les ambitieux (2006) e Trois mondes (2012) son outros dos seus filmes destacables, pero é precisamente La belle saison (Un amor de verano) o seu grande éxito ata o de agora.