Charles Laughton

Descrición

1899, Scarborough, Yorkshire, Inglaterra 1962, Hollywood, California, EEUU)
Iniciado no mundo do teatro tras estudar na Real Academia de Arte Dramático (recibindo a Medalla de Ouro), debuta no ano 1926. Tras acadar fama como actor de teatro, pronto comeza a actuar tamén en películas, dando o salto primeiro aos escenarios de a Nova Iork e despois a Hollywood, acadando un premio ao Mellor Actor en 1933 por La vida privada de Enrique VII.
Prosegue unha carreira chea de éxitos e de recoñecemento como actor, con películas inesquecibles como Los miserables (1935), La tragedia de la Bounty (1935), Yo, Claudio (1937), Callejón sin salida (1938), El fantasma de Canterville (1944), El Capitán Kidd (1945), ou El proceso Paradine (1947).
En 1955 dirixe La noche del cazador, un punto de inflexión na súa carreira xa que foi un sonoro fracaso de crítica e público, que incluso afectou a súa carreira, pois dende entón sería menos activo no Hollywood da época.
Longametraxe incomprendida, o paso dos anos púxoa no seu lugar, sendo considerada actualmente coma unha das grande películas dos anos 50 do pasado século, chegando a ser seleccionada polo Rexistro Nacional de Películas para a súa conservación.

Películas