Cristi Puiu

Descrición

(1967, Bucarest, Romanía)
O seu primeiro interese artístico foi a pintura, sendo admitido na École Supériure d’Artes Visuels de Xenebra. Porén, tras o primeiro ano cambiou ao estudo de cine, na mesma escola, onde se graduou en 1996. Xa en Romanía, dirixe a súa primeira película en 2001: Marfa si banii, unha road movie de baixo presuposto que recibiu unha grata acollida en festivais internacionais. Incluso algúns críticos consideran que foi a película que inaugurou a posteriormente denominada Nova Ola do cine romanés.
Tras dirixir a curtametraxe Un cartus de Kent si un pachet de cafea (2004), coa que obtén o galardón á Mellor Curtametraxe no Festival de Berlín, acada o seu maior éxito a nivel internacional co filme La muerte del Sr. Lazarescu (2005), unha comedia escura que recibe no Festival de Cannes o premio Un Certain Régard, ademais de outros case que 50 premios por todo o mundo.
Tras Aurora (2010), Sieranevada é a súa última película ata hoxe, da que tamén é autor do guión, coma en todas as súas producións anteriores

Películas