Danny Boyle

Descrición

Estudou no Thornleigh Salesian College e na Universidade de Gales, Bangor. Boyle obtivo recoñecemento en Gran Bretaña por ter dirixido algunhas producións para a televisión británica, incluídas Inspector Morse e Mr. Wroe’s Virgins. Tras obter atención internacional pola película Trainspotting (1996) esperou gañar un contrato de produción con algún estudio importante de Estados Unidos, pero a única oferta realizada foi para o cuarto filme da saga Alien, polo que se decantou por facer A Life Less Ordinary (1997).
Foi Ewan McGregor, actor habitual nos seus filmes, quen lle aconsellou adaptar a novela de culto The Beach, que se estrearía no ano 2000. Posteriormente, Boyle colaborou co autor de The Beach, Alex Garland, nas súas dúas seguintes obras: 28 días después (2002) e Sunshine (2007)
Con Slumdog Millionaire (2008) acadaría o seu maior éxito comercial tras conseguir o Óscar á Mellor película e Mellor Director, así coma outros premios internacionais.
Antes de Steve Jobs dirixiu 127 horas (2010) e Trance (2013).
No ano 2012 foi o encargado de dirixir a cerimonia de inauguración dos XXX Xogos Olímpicos que tivo lugar en Londres.

Películas