David Trueba

Descrición

O director, David Trueba (1969, Madrid, España)

Estudou periodismo e comezou a traballar en prensa, radio e televisión. Debuta como guionista escribindo para Emilio Martínez-Lazaro Amo tu cama rica (1992). Posteriormente estuda cine no American Film Institute de os Ánxeles. Ao volver a España de novo colabora con Martínez-Lázaro no guión de Los peores años de nuestra vida (1994), ao tempo que colabora co programa de tv El peor programa de la semana.

En 1996 debuta coma director con La buena vida, da que tamén é autor do guión. Continúa escribindo para outros directores como Fernando Trueba con Two Much (1995) e Álex de la Iglesia Perdita Durango (1997).

As súas seguintes longametraxes coma director son Obra maestra (2000) e Soldados de Salamina (2003). Tras diversas curtametraxes e documentais, acada o que quizais sexa o seu gran éxito comercial con Vivir es fácil con los ojos cerrados (2013), pola que obtén 6 premios Goya, incluído Mellor Director. Antes de Casi 40, a súa última película ata o de agora, encárgase de escribir e dirixir a inclasificable serie de tv ¿Qué fue de Jorge Sanz? (2010-2017).

Películas