Fatih Akin

Descrición

O director, Fatih Akin (1973, Hamburgo, Alemaña)

De ascendencia turca, comezou estudando Comunicación Audiovisual en Hamburgo. En 1995 escribiu e dirixiu a súa primeira curtametraxe, Sensin –You’re the one!, obtendo  o premio do público no festival de curtametraxes de Hamburgo. Despois de varias curtas máis, polas que tamén conseguiu premios, xa a nivel internacional, debuta nas longametraxes en 1998 con Corto y con filo.

Porén, non é ata 2004 con Contra la pared que acada o seu primeiro éxito a nivel de crítica e de público, chegando a gañar o Oso de Ouro en Berlín, e o Goya á Mellor Película Europea. A partir de aí convértese nun dos directores europeos máis destacados, con obras coma Al otro lado (2007), un segmento do filme coral New York, I love you (2008). Soul Kitchen (2009) ou Goodbye Berlin (2016).

Películas