Hugo Gélin

Descrición

(1980, París, Francia)
Nado nunha familia de cineastas, comeza realizando curtametraxes, anuncios e diferentes traballos en películas coma por exemplo director de segunda unidade. En 2009 funda a produtora Zazi Films, na que produce, escribe e dirixe o seu debut cinematográfico no ano 2012: Como hermanos, pola que recibe diversos premios en festivais internacionais, chegando a estar nominado aos premios César da cinematografía francesa coma mellor debutante. Ao ano seguinte produce e co-escribe La jaula dorada, de Ruben Alves, éxito de público en Francia.
Entre 2013 e 2015 encárgase da produción e dirección do programa de televisión Casting(s), éxito de audiencia en Canal + France.
Mañana empieza todo é a súa segunda película, coa que volve a obter un enorme éxito de público, sendo a segunda película máis vista no seu país o ano pasado

Películas