Kristina Grozeva
Descrición
Os directores, Kristina Grozeva (1976, Sofía, Bulgaria) e Petar Valchanov (1982, Plovdiv, Bulgaria)
Kristina Grozeva e Petar Valchanov graduáronse en Dirección de Cine na Academia Nacional de Teatro e Cine de Sofía. Xuntos encargáronse do guión e da dirección de varias curtametraxes, acadando varios premios en festivais internacionais para estudantes, e unha mediometraxe: Forced Landing (2010). Seguiron con outra curtametraxe, Skok (Jump) (2012), coa que obtiveron de novo multitude de premios en diversos festivais internacionais, destacando Bruxelas e Busan. La lección (2014) foi realmente o seu debut nas longametraxes de ficción, coa que acadaron o premio NovosRealizadores no festival de San Sebastián en 2014.