Martin McDonagh

Descrición
O director, Martin McDonagh (1970, Carmberwell, Londres, Inglaterra)
Apaixonado da literatura e do teatro, comeza a escribir obras para a radio e a televisión dende adolescente, que non eran aceptadas, ata que en 1995 decide crear obras de teatro. En 1996 realiza a súa ópera prima, La reina de la belleza de Leenane, acadando o premio do Círculo da Crítica teatral Británica, comezando así unha exitosa carreira. Considérase cultivador dunha vertente extrema do teatro da crueldade, denominada In-yer-face, que destaca o aspecto violento e grotesco das obras para captar a atención do espectador.
En 2005 fai a súa primeira incursión no mundo do cine coa curtametraxe Six Shooter, acadando o Óscar á Mellor Curtametraxe en 2006. Iso permítelle escribir e dirixir a súa primeira longametraxe, Escondidos en Brujas (2009), obtendo galardóns en multitude de festivais coma os Globos de Oro, ou os BAFTA. Posteriormente faría Siete psicópatas (2012), da que tamén é autor do guión.
O su maior éxito ata o momento é a súa última película Tres anuncios en las afueras (2017), pola que obtivo recoñecemento de crítica e público.