Martin Provost

Descrición

O director, Martin Provost (1957, Brest, Finisterre, Francia)

Actor, director e guionista francés, interesouse dende moi pequeno polo cine, pretendendo ser director, porén comezou a súa carreira coma actor, debutando en 1976 en Néa. Traballa diante das cámaras tanto no cine coma na televisión dende entón ata os anos 90, cando xa decide abandonar a actuación para se converter en director. En 1992 escribe e dirixe a curtametraxe Cocon, e non é ata 1997 que fai a súa opera prima, Tortilla y cinema, da que tamén é autor do guión, protagonizada por Carmen Maura, facendo de ela mesma.El vientre de Juliette (2003) é a súa segunda película, sobre un guión propio tamén.

En 2006 encárgase do guión da serie SantApprentice, volvendo a escribir e dirixir unha longametraxe en 2008, Séraphine. Où va la nuit (2011) e Violette (2013) son a súas obras anteriores a Dos mujeres.

Películas