Matteo Garrone

Descrición

O director, Matteo Garrone (1968, Roma, Italia)

Fillo dun crítico de teatro e dunha fotógrafa, tras diplomarse do Instituto Artístico comeza a dedicarse ao cine coma operador mecánico. En 1996 obtén o premio Sacher d’Oro pola súa curtametraxe Silhouette, reconvertida ao ano seguinte nun dos tres episodios do seu debut cinematográfico Terra di mezzo. Tras varias películas, das que tamén é autor do guión, o seu primeiro éxito a nivel de crítica chega no ano 2002 con L’imbalsamatore, pola que consegue o David de Donatello ao Mellor Guión.

Tras Primo amore (2004), xa obtén o seu gran éxito a nivel de crítica e de público, tanto a nivel nacional coma internacional, con Gomorra (2008), a adaptación do libro de Roberto Saviano, chegando incluso a gañar en Cannes. No ano 2012 volve a gañar a Palma de Ouro con Reality. Despois de dirixir El cuento de los cuentos (2015) e un par de curtametraxes, volve á pantalla grande en 2018 con Dogman.

Películas