Nadine Labaki

Descrición
A directora, Nadine Labaki (1974, Beirut, Líbano)
Actriz, directora e guionista libanesa, comezou a súa carreira no talent show Studio El Fan, no que gañou un premio pola dirección de varios vídeos musicais. Tras licenciarse en Estudios Audiovisuais pola Universidade de Saint Joseph, en Beirut, comeza a dirixir vídeos musicais e anuncios para famosos cantantes do Oriente Medio e coñecidas marcas.
Dende 2003 compaxina a súa faceta de actriz e directora, debutando neste caso coa película Caramel (2007), da que tamén é autora do guión, un éxito inmediato a nivel de crítica e público, incluso co premio do Xurado en San Sebastián, referendado pola súa seguinte obra ¿Y ahora a donde vamos? (2011), pola que obtén premios en festivais coma Cannes, San Sebastián, Estocolmo ou Toronto, sendo tamén a encargada de escribir o guión.