Nuri Bilge Ceylan

Descrición

O director, Nuri Bilge Ceylan (1959, Istambul, Turquía)

Fotógrafo, guionista, actor e director turco. O seu amor pola fotografía comezou ós 15 anos, e polo cine os 22. Mentres estudaba na Universidade de Bogaziçi, en Istambul, participou en clubs de cine e fotografía. Tras graduarse especializado en enxeñería eléctrica, pasou un tempo en Londres e Nepal.

E tras rematar o servizo militar, comezou a dedicarse ó cine, debutando coa curtametraxe Koza (Cocoon), en 1995, presentada en Cannes.

Kasaba (1999) representa a súa primeira longametraxe, coa que xa acada diversos premios a nivel internacional. Con Lejano (2002) obtén o Gran Premio do Xurado en Cannes, iniciando un idilio con dito festival, onde tamén obtivo o Premio FRIPESCI en 2006 por Los climas, o de Mellor Director en 2008 por Tres monos e novamente o Gran Premio do Xurado con Érase una vez en Anatolia (2011). E en 2014 obtén a Palma de Ouro con Sueño de invierno.

Películas