Oliver Laxe

Descrición
O director, Oliver Laxe (1982, París, Francia)
Fillo de pais galegos, naceu en París aínda que voltou con eles a Galicia aos 6 anos. Tras os seus primeiros estudos na Coruña trasladouse a Barcelona para estudar na Universidade Pompeu Fabra. Comeza a súa obra rodando curtametraxes en Londres e Tánxer, polas que obtivo varios premios en festivais internacionais.
Precisamente en Tánxer creou o proxecto Dao Byed, un obradoiro cinematográfico para rapaces pobres do Magreb. Desta experiencia xorde a súa primeira longametraxe, Todos vós sodes capitáns (2009), coa que gañou o premio FRIPESCI no Festival de Cannes.
Posteriormente rodou Mimosas (2015), estreada tamén no Festival de Cannes, e tamén galardoada, neste caso co Gran Premio da Semana da Crítica.