Raoul Peck
Descrición
(1953, Port-au-Prince, Haití)
Director e activista político haitiano, aos 8 anos tivo que emigrar a Kinshasa, Congo, escapando coa súa familia da ditadura de Duvalier. Viviu tamén nos Estados Unidos, en Francia, onde rematou os seus estudos, e en Berlín, onde se licenciou en Enxeñería Electrónica. Tras pasar un ano como taxista en Nova York, comeza a traballar como foto periodista antes de obter o título de director de cine pola Universidade de Berlín. En 1986 crea a súa propia produtora cinematográfica, Velvet Film, tamén en Berlín, onde produce e co-produce películas, documentais e series de televisión.
Tras dirixir varias obras coma Haitian Corner (1986) ou Hiati – le silence des chiens (1994), é nomeado Ministro de Cultura de Haiti, aínda que acaba dimitindo ao cabo de pouco máis dun ano, xunto con outros ministros, como protesta contra os presidentes Prévai e Aristide.
Segue dirixindo películas e documentais, acadando atención internacional con Lumumba (2000) . En 2010 é nomeado presidente de La Fémis, Escola Nacional de Cine de Francia, e no ano 2012 forma parte do xurado do Festival Internacional de Cannes.