Spike Lee

Descrición

O director, Spike Lee (1957, Atlanta, Georgia, EEUU)

Director e guionista nado en Atlanta, pero neoiorquino de adopción, Spike Lee formouse na Universidade Clark Atlanta e graduouse na Escola de Arte Tisch. Xa dende a súa primeira curtametraxe, The Answer (1980), na que en 10 minutos refacía a obra de D. W, Griffith El nacimiento de una nación (1915), deixaba moi clara a súa postura cinematográfica: reivindicación da cultura afroamericana, conciencia de clase e loita polos dereitos civís.

Todos eses elementos asoman nas súas primeiras películas: Nola Darling (1986), Aulas turbulentas (1988) e moi especialmente no seu primeiro gran éxito internacional, Haz lo que debas (1989), centrado nas tensións raciais do seu propio barrio, Brooklyn. A película obtivo entre outros o Óscar ao Mellor Guión Orixinal.

Estaba claro que si algún director tiña que levar á gran pantalla a vida de Malcolm X, ese era Spike Lee, cousa que fixo en 1992 na película homónima. Tras ela, cabe resaltar entre outros títulos destacados da súa filmografía: Clockers (Camellos) (1995), Summer of Sam (1999), La última noche (2002), Plan oculto (2006), ou o remake americano de Oldboy (2013). Ademais dirixiu vídeos musicais para artistas coma Michael Jackson, Public Enemy ou Arrested Development, así coma innumerables curtametraxes e documentais sobre a loita polos dereitos da comunidade afroamericana nos Estados Unidos

Películas