Spike Lee

Descrición

O director, Spike Lee(1957, Atlanta,Georgia, EEUU)

Director e guionista nado en Atlanta, pero neoiorquino de adopción, Spike Lee formouse na Universidade Clark Atlanta e graduouse na Escola de Arte Tisch. Xa dende a súa primeira curtametraxe, The Answer(1980), na que en 10 minutos refacía a obra de D. W, Griffith El nacimiento de una nación(1915), deixabamoi clara a súa postura cinematográfica: reivindicación da cultura afroamericana, conciencia de clase e loita polos dereitos civís.Todos eses elementos asoman nas súas primeiras películas: Nola Darling(1986), Aulas turbulentas(1988) e moiespecialmente no seu primeiro gran éxito internacional, Haz lo que debas(1989), centrado nas tensións raciais do seu propio barrio, Brooklyn. A película obtivo entre outros o Óscar ao Mellor Guión Orixinal. Estaba claro que si algún director tiña que levar á gran pantalla a vida de Malcolm X, ese era Spike Lee, cousa que fixo en 1992 na película homónima. Tras ela, cabe resaltar entre outros títulos destacados da súa filmografía: Clockers (Camellos)(1995), Summer of Sam(1999),La última noche(2002), Plan oculto(2006), ou o remake americano de Oldboy(2013). Ademais dirixiu vídeos musicais para artistas coma Michael Jackson, Public Enemy ou Arrested Development, así coma innumerables curtametraxes e documentais sobre a loita polos dereitos da comunidade afroamericana nos Estados Unidos

Películas