Wes Anderson

Descrición

O director, Wes Anderson (1969, Houston, Texas, EEUU)

Xa dende neno comezou a escribir obras de teatro e a facer películas en Super 8. Asistiu a universidade de Austin, Texas, onde se graduou en Filosofía, e coñeceu a Owen Wilson, co que comezou a facer curtametraxes, algunha delas incluso chegando a emitirse en cadeas de cable local. Unha das súas curtas, Bottle Rocket (1994) proxectouse no Festival de Sundance con tanto éxito que conseguiron fondos para facer unha versión en longametraxe, Ladrón que roba a otro ladrón (1996), que a pesar de non chegar a ser un éxito, si chamou a atención de xente de Hollywood.

Autor tamén dos guións das súas películas, entre as súas obras destacan Academia Rushmore (1998), Los Tenembaums (2001), Life Aquatic (2004), Moonrise Kingdom (2012) ou El Gran Hotel Budapest (2014).

Isla de Perros non é a súa primeira incursión no cine de animación, xa que anteriormente dirixira Fantástico Sr. Fox (2009).

Películas