Xavier Beauvois

Descrición

O director, Xavier Beauvois (1967, Auchel, Pas-de-Calais, Francia)

Comezou a súa carreira no cine como asistente de director de Manoel de Oliveira en Mon Cas (1986) e de André Téchiné en Les Innocents (1987). Tras unha curtametraxe, dirixiu a súa primeira longametraxe en 1991, Nord, na que tamén actuou. Con ela acadou dous premios Cesar da academia francesa: Mellor Primeira Película e Actor mais Prometedor.

Posteriormente continuou compaxinando a súa faceta coma actor en films coma: Le vent de la nuit (1999), Los testigos (2007), ou Villa Amalia (2008), coa dirección de outras longametraxes, encargándose tamén da elaboración do guión, entre as que destacan: No olvides que vas a morir (1995), Según Matthieu (2000) , Le petit Lieutenant (2005),  ou o seu grande éxito de crítica e público, De dioses y hombres (2010).

Aínda que continuou aparecendo regularme diante da pantalla, só dirixiu dúas películas máis ata o momento, das que tamén é autor do guión, El precio de la fama (2014) e Las guardianas (2017

Películas