Blogue

Dende o Cine Club Carballiño comunicamos que nos vemos obrigados a cancelar a proxección do filme Los reyes del mundo prevista para o día 26 de maio en sesións de 20:00 e 22:30 horas debido a que a candidatura de Espazo común de Carballiño decidiu organizar un mitin.

 

ATENCIÓN!!!! Como viñamos informando no 2019 facemos 50 anos e para celebralo, entre outras cousas teremos sesións especiais con películas destacadas de cada década. Serán un domingo cada mes, comezando o 20 de xaneiro con "Farenheit 451", obviamente a versión de 1966, que foi a primeira que película que proxectou o Cineclube na súa historia. Podedes votar o resto de películas de cada década (70, 80, 90, 00) que queredes que botemos na seguinte ligazón: https://goo.gl/forms/d9hoVtBb6V7L9wOM2