El despertar de las hormigas
Sinopse
Isa é modista e vive coa súa familia nun pequeno pobo de Costa Rica. O seu marido Alcides desexa que teñan un terceiro fillo, un varón. Pero ela non quere outro embarazo. Quere enfocarse no traballo e xa ten máis que dabondo na súa vida con dúas fillas.
Ata o de agora nunca cuestionara o seu rol dentro da familia. Porén, cando se decata de que Alcides semella non estar escoitando e persiste no desexo do terceiro fillo, dáse conta de que algo debe cambiar.
Ficha técnica
Imaxes
Tráilers e Vídeos
Elexida como a candidata para representar a Costa Rica nos premios Óscar da Academia de Hollywood na 34 edición dos Premios Goya..
Críticas
“É a naturalidade coa que a película presenta a vista interior da súa protagonista o mellor desta cinta (…) convence pola súa delicadeza e frescura.” (Andrea G. Bermejo, Cinemanía)
“Transpórtanos a un estado de ánimo tenso, a punto de estallar, aínda que todo no filme é tan natural como as espontáneas interpretacións.” (Quim Casas, El Periódico)
“Cunha linguaxe sensorial ao servizo do apunte sutil (…) os seus modos revelan unha cineasta cunha mirada e unha actriz cun poder de converter cada xesto en poderosa forma de resistencia.” (Jordi Costa, El País)
"El Despertar de las Hormigas é un gozoso exemplo do cine iberoamericano e da necesidade de contar historias que miren cara dentro"
RAUL ALDÁ - DÍAS DE CINE
"Emocionalmente intelixente (...) é un deses contos que sempre paga a pena rememorar"
THE HOLLYWOOD REPORTER
"El despertar de las hormigas planta o xermen dunha revolución"
JOSU EGUREN EL CORREO
“A mirada de Sudasassi é cálida e captura momentos de gran humanidade mentres desentraña o evidente desequilibrio de poder entre homes e mulleres a través do retrato da parella"
CINE MALDITO