La favorita
Sinopse
Principios do século XVIII. Inglaterra está en guerra contra Francia. Unha raíña debilitada, Anne, ocupa o trono mentres que a súa amiga Lady Sarah goberna na práctica o país no seu lugar debido ao precario estado de saúde, e ao carácter inestable, da monarca.
Cando unha nova serventa, Abigail, aparece en palacio, o seu encanto seduce a Sarah, que a axudará. Abigail ve entón unha oportunidade para regresar ás súas raíces aristocráticas: como a política ocupa gran parte do tempo de Lady Sarah, a serventa comeza a acompañar con máis frecuencia á raíña.
Ficha técnica
Imaxes
Tráilers e Vídeos
Premios
- Premios Óscar 2018: Mellor Actriz (Olivia Colman)
- Festival de Venecia 2018: Gran Premio do Xurado e Mellor Actriz (Olivia Colman)
- Globos de Ouro 2018: Mellor Actriz (Olivia Colman) e Mellor Película Comedia
- Premios BAFTA: 7 premios, incluidos Mellor Película Británica e Guión Orixinañ
Críticas
“Un drama de época tan persoal, tan peculiar e, por suposto, tan turbio que non queda outra que renderse.” (Luís Martínez, El Mundo)
“Unha brillante e ladina exploración da pólvora da gabanza (…) O duelo entre Rachel Weisz e Emma Stone, tan adornado de encanto, caricatura e malicia é tan vistoso como a suntuosa posta en escena.” (Oti Rodríguez Marchante, ABC)
“Acaba or engancharme (…) Os diálogo posúen agudeza. (…) Pero, ante todo, atopo hipnótica e admirable a interpretación de tres actrices privilexiadas.” (Carlos Boyero, El País)