Deseando amar
Sinopse
venres 9 de abril, ás 19:00 horas en versión dobrada ao castelán e domingo 11 de abril ás 19:30 horas en VOS.
Hong Kong, 1962. Chow, redactor xefe dun diario local, muda coa súa muller a un edificio habitado principalmente por residentes de Shanghai. Alí coñece a Li-Zhen, unha rapaza que ven de instalarse tamén no inmoble co seu marido. Ela é secretaria e o seu home está constantemente de viaxe de negocios. Como a muller de Chow tamén está case sempre fóra de casa, Li e el pasan cada vez máis tempo xuntos e fanse moi amigos. Un día, ambos descobren algo inesperado sobre os seus cónxuxes.
Ficha técnica
Imaxes
Tráilers e Vídeos
Premios
Festival de Cannes 2000: Mellor Actor (Tony Leung)
Círculo de Críticos de Nova Iork 2001: Mellor Fotografía e Mellor Película Estranxeira
Críticas
“Insólita e emocionante, preciosa película (…) marabillosa, a historia de amor máis triste do mundo.” (Carlos Boyero, El Mundo)
“Sofisticada película, elaborada cunha planificación milimétrica e unha sensibilidade fóra de todo convencionalismo.” (Omar Khan, Cinemanía)
“Obra mestra. O mellor é a súa universalidade (…) Hai moitas razóns para adorala, a máis evidente é a súa beleza onírica, case doutro mundo.” (Peter Walker, The Guardian)