Great Freedom
Sinopse
A historia real de Hans en tres momentos (1945, 1957, 1969) da súa relación con Viktor, un asasino convicto. Un amor carcerario, propiciado polas entradas e saídas de prisión de Hans a causa da represión á que foron sometidas as persoas homosexuais na Alemaña da posguerra.
Ficha técnica
Reparto
Tráilers e Vídeos
Premios
- Festival de Cannes 2021: Un Certain Regard – Premio do Xurado
- Festival de Sevilla 2021: Mellor Película e Mellor Actor (Franz Rogowski()
- Premios do Cine Europeo 2021: Mellor Fotografía e Música
Críticas
“Cautivadora. (…) Meise amósase admirablemente inclinado á contención dramática e afastado de espaventos emocionais (…) reivindícase coma un observador extraordinariamente certeiro.”
Nando Salvá, El Periódico
“Duro drama que pese a estar inspirado en feitos reais non xoga á reconstrución histórica, senón á inmersión nunhas vidas somerxidas nas cloacas (…) Busca a luz dentro da escuridade.”
Elsa Fernández-Santos, El País
“A película envórcase de maneira delicada e pausada, na aproximación dos seus protagonistas, nos seus corpos e xestos, pero tamén nos seus medos, prexuízos e afectos esquecidos.”
Paula Arantzazu Ruiz, Cinemanía