El triángulo de la tristeza
Sinopse
Tras a Semana da Moda, Carl e Yaya, parella de modelos “influencers”, son invitados a un cruceiro de luxo. Mentres a tripulación ofrece todas as atencións necesarias aos ricos invitados, o capitán négase a saír da súa cabina a pesares da inminente chegada da cena de gala. Os eventos toman un xiro inesperado e o equilibrio de poder voltease cando se levanta unha treboada que pon en perigo o confort dos pasaxeiros.
Ficha técnica
Reparto
Tráilers e Vídeos
Premios
- Festival de Cannes 2022: Palma de Oro á Mellor Película
- Premios do cine europeo 2017: 6 galardóns, incluídos Mellor Película,Director e Guión
Críticas
“Unha mordaz sátira sobre o culto ao diñeiro e o naufraxio do insostible sistema de clases do mundo actual. Con sobradsa intelixencia e graza, Östlund atrévese a chapuzar en todo tipo de charcos” (Elsa Fernández Santos, El País)
“A virtude da mirada de Östlund é a súa capacidade para converter cada acto cotián no resultado de infinitos erros meticulosamente ordenados.” (Luís Martínez, El Mundo)
“Unha salvaxe e divertidísima sátira sobre influencers e a loita de clases (…) Escatolóxica, suliñada, pero tremendamente divertida e efectiva, que se mete en canto charco hai nas actuais guerras culturais.” (Pepe Blanes,Cadena SER)