Anatomía de una caída
Sinopse
Sandra, unha escritora alemá, vive co seu marido Samuele o seu fillo cego, Daniel, nun chalé en medio dos Alpes franceses. Cando Samuel falece en estrañas circunstancias, a investigación non pode determinar si se trata dun suicidio ou dun homicidio. Sandrá é arrestada e xulgada por asasinato, e o proceso pon a súa tumultuosa relación e a súa ambigua personalidade no punto de mira.
Ficha técnica
Reparto
Tráilers e Vídeos
Premios
- Festival de Cannes 2023: Palma de Ouro
- Premios do Cine Europeo 2023 : 5 premios (Mellor Película, Dirección, Actriz, Guión e Montaxe)
- Círculo de Críticos de Nova York 2023: Mellor Película Estranxeira
Críticas
"A directora disecciona de forma bastante asombrosa unha relación matrimonial a través do xuízo da esposa despois dunha caída mortal do marido (...) un quebracabezas afectivo urdido con enorme orixinalidade.” (Elsa Fernández-Santos, El País)
“Unha peza estudiadísima de cine procedimental (...) Triet completa así unha elaborada e ata explosiva peza de ourivería guiada polo traballo de perfecto de Sandra Huller.” (Luís Martínez, El Mundo)
“Aínda que pode lerse coma un ensaio (...) non é un panfleto, nin trata de aleccionar ou sinalar co dedo (...) Triet prefire cultivar unha suxerinte, misteriosa, incluso perversa ambigüidade.” (Phillipp Engel, La Vanguardia)