Vidas irrenovables

12 Setembro 2024
20:00
Prezo: 
3-5 euros
Todos os públicos
Lugar: 
Auditorio Manuel María do Carballiño
Duración: 
90 minutos
Ano: 
2024
País: 
España
Comparte: PDF

Sinopse

 Este xoves día 12 ás 20:00 temos no Auditorio Manuel María do Carballiño a preestrea de Vidas irrenovables, contando ademais coa presenza do seu director, Francisco Vaquero e de membros do colectivo Afiandoovento. Esta proxección enmárcase dentro da campaña que este colectivo está a levar a cabo para por de manifesto e denunciar a depredación do rural que se está a producir en nome das enerxías renovables. Proxectos que en moitas ocasións supoñen a esquilma dos nosos recursos e a destrucción do medio rural e natural na que son implantados. O documental ofrece unha mirada ao modo de transición ecolóxica que está a sufrir o noso país. Francisco Vaquero recolle en 90 minutos o sentir de moita xente do rural ante esa transición ecolóxica, denunciando que prexudica gravemente aos seus negocios turísticos, ás súas terras e aos seus pobos. Testemuñas de diferentes puntos do estado español, tamén por suposto de Galicia.

Ficha técnica

Reparto

Tráilers e Vídeos

Próximas Películas

Programación novembro-decembro

20 Decembro 2024 20:00 22:30