Filmoteca
Sinopse
13, 14 e 15 de setembro un ciclo adicado aos máis cativos, aínda que non só, con tres películas prantexadas non só para nenos senón tamén para o público en xeral: Buenos días mundo, un canto á natureza feita con dibuxos en papel maché animados mediante a técnica de stop motion, un filme dunha grande beleza; Ponyo en el acantilado, dirixida aos máis pequenos, e tamén aos fieis do animador xaponés Miyazaki (estivo nominada ao León de Ouro no Festival de Venecia e hoxe está considerada un dos grandes clásicos da animación do sçeculo XX); e ¿Dónde está Anne Frank?, do israelí Ari Folman, dirixida a todos os públicos e non só aos pequenos da casa. As películas deste ciclo serán todas ás 18:00 horas e o custo da entrada é de 2 euros, xa que entra dentro da nosa programación de Filmoteca.