Filmoteca xaneiro-marzo

30 Marzo 2025
19:00
Lugar: 
Auditorio Manuel María O Carballiño
Comparte: PDF

Sinopse

Ola a todos e todas. O próximo domingo día 26 de xaneiro comenzamos outra vez coa programación Filmoteca, un ciclo que realizamos grazas á colaboración entre a Federación de cine club de Galicia e o Agadic, e que nos permite completar a nosa programación habitual dos venres pola tarde-noite con unha serie de películas recentes que proxectaremos os domingos en sesións de 19:00 horas, sempre e cando a utilización do Auditorio Manuel María do Carballiño o permita. Para estes meses de xaneiro, febreiro e marzo temos seleccionadas cinco películas de diferentes nacionalidades, comenzando con unha das mellores películas españolas da tempada, Los destellos, último filme de Pilar Palomero, con catro nominacións nos premios Goya. Continuaremos o 2 de febreiro con unha comedia arxentina, Puan, protagonizada por Marcelo Subiotto (premio á mellor interpretación protagonista no Festival de San Sebastián) e Leonardo Sbaraglia e nominada ao Goya como mellor película iberoamericana. Para pechar febreiro, o día 16 teremos a última película estreada polo  director iraní Jafar PanahiLos osos no existen,  Premio especial do Xurado no Festival de Venecia. Xa en marzo teremos outros dous filmes, o día 2 proxectaremos Nuestro día, de Hong Sang-soo, o gran poeta das pequenas cousas e a beleza do cotidiano, e pecharemos o día 30 de marzo coa película francesa El último verano, de Catherine Breillat, gañadora do premio especial do Xurado no Festival de Gijón, con catro niminacións nos premios da academia francesa, os Cesar, e nominada tamén á Palma de Ouro no Festival de Cannes

A programación de Filmoteca continuará ao longo do ano, con datas e películas que iremos anunciando.

Ficha técnica

Reparto

Tráilers e Vídeos

Próximas Películas

Las chicas de la estación

24 Xaneiro 2025 20:00 22:30

Programación Xaneiro

31 Xaneiro 2025 20:00 22:30

Rita

31 Xaneiro 2025 20:00 22:30