El caso 137

Sinopse
Stéphanie, axente de policía de Asuntos Internos, é asignada a un caso relacionado cun rapaz gravemente ferido durante unha tensa e caótica manifestación en París. Se ben non atopa probas de violencia policial ilexítima, o caso adquire un cariz persoal ao descubrir que a vítima é da súa cidade natal e transformará o caso 137 en algo máis ca un simple número.
Ficha técnica
Reparto
Tráilers e Vídeos
Críticas
“É un agudo e convincente thriller policial. Moll escribe o seu preciso guión xunto a Marchand e, unha vez máis, amosan a súa gran habilidade para crear intrigantes puzles ao redor de diferentes puntos de visto do mesmo feito.” (Elsa Fernández-Santos, El País)
“Mirada intelixente ao mundo policial (…) Excelentemente narrado, con bo ritmo e escritura visual (…) Téñase a cabeza que se teña, a película de Moll é entretida e modélica.” (Oti Rodríguez Marchante, ABC)
“O resultado é un procedimental de libro, unha película tan severa co espectador como coas institucións que se cobren as costas uns ás outras, deixando desprotexido ao pobo chan.” (Sergi Sánchez, La Razón)
