O instante eterno
Sinopse
O pagamento da entrada da dereito a unha rifa. Sortéanse dúas noites nunha casa de turismo rural nas Fragas do Eume.
A recadación da proxección irá destinada íntegramente á rehabilitación da casa de Díaz Castro que será levada a cabo pola Asociación Xermolos de Guitiriz.
O instante eterno é unha longametraxe documental sobre o poeta de Guitiriz Xosé María Díaz Castro, trazada en cinco tempos, que coinciden coas catro estacións da súa vida e un epílogo sobre a pegada estética da súa obra. Este proxecto documental ten como obxectivo reflexionar sobre o proceso de creación artística de Díaz Castro, explorando un lento pero obstinado labor por acadar a excelencia en cada un dos seus versos, o cal explica –en parte– que só publicase un libro en vida, Nimbos (1961). O instante eterno afonda na xenealoxía emocional de Nimbos partindo de dous elementos fundamentais: a lingua e a paisaxe da infancia. Tomando como guía os propios versos de Nimbos amósanse non só as condicións daquela sociedade na que medrou o poeta, marcada pola miseria e a emigración, senón tamén as transformacións que se foron sucedendo na súa contorna. O que subsiste, máis alá do paso do tempo, do efémero, é o que Díaz Castro mudou en eterno, nuns versos de admirable harmonía ética e estética.
Ficha técnica
Reparto
Imaxes
Tráilers e Vídeos
Descarga o dossier do instante eterno na ligazón https://www.dropbox.com/s/fut281lxe0vcocb/Dossier%20O%20instante%20etern...
https://www.facebook.com/instante.eterno.3
http://www.crtvg.es/cultural/especiais/o-instante-eterno-documental-sobr...
Tamén podes colaborar co proxecto facendo a túa achega ó micromecenado en
https://goteo.org/project/a-casa-da-xente
#SalvemosacasadeDíazCastro
A entrada da dereito a unha rifa na que se sortean unha estancia nunha casa de turismo rural.