Buñuel en el laberinto de las tortugas
Sinopse
París, 1930. Salvador Dalí e Luís Buñuel son as principais figuras do movemento surrealista, pero Buñuel vé como se lle pechan todas as portas despois do éxito da súa obra La edad de oro.
Porén, o seu bo amigo Ramón Acín compra un billete de lotería coa tola promesa de que se gaña lle pagará o documental que Buñuel quere rodar sobre As Hurdes, unha das rexións máis pobres e esquecidas de España.
Ficha técnica
Reparto
Imaxes
Tráilers e Vídeos
Sortearemos un exemplar do cómic en sendas sesións, en colaboración coa Libraría Escolma.
Premios
- Premio Goya 2020: Mellor Película de Animación
- Premios do Cine Europeo 2019: Mellor Película de Animación
- estival de Málaga 2019: Mellor Banda Sonora
Críticas
“Maxistral relato da madurez tráxica do xenio de Calanda (…) Simó faino de maneira emocionante, cabal e certeira (…) O resultado antóllase tan revelador e lúcido coma inspirado na súa vocación de ruptura” (Luís Martínez, El Mundo)
“O máis interesante, ademais da súa sinxela técnica de animación, reside na visión nada compracente que da de Buñuel e dalgún dos métodos que usou para reconstruír unha realidade atávica.” (Quim Casas, El Periódico)
“Cunha animación feita de cores nítidas amosa unha cara pouco amable do mito de Buñuel (…) E obtén un esclarecedor retrato dun momento capital na historia cultural española do século XX.” (Mirito Torreiro, Fotogramas)